Actividade para sesión virtual: Enfoque por tarefas e Método directo
Unha vez vistos os distintos métodos e enfoques para o ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras, é hora de poñelos en práctica mediante o deseño de dúas tarefas, unha na que se empregue o Enfoque por tarefas , e outra, o método directo . Deste xeito, poderase comprobar se se entenderon correctamente as explicación dos distintos procedementos de E/A. En relación co contexto da respectiva Unidade Didáctica na que se inserirían esas dúas actividades, débese salientar que está dirixida ó alumnado de 3º da ESO, que asiste a un centro de ensino secundario situado no corazón da cidade de Ourense. Encádrase dentro do proxecto final de curso que consiste na elaboración dun folleto turístico e un vídeo curto con subtítulos en inglés, no que se amosen os aspectos máis relevantes (monumentos, gastronomía, cultura) desta vila termal. Este proxecto diríxese a un grupo de estudantes escoceses cos que o vindeiro curso realizarán un intercambio. A finalidade deste proxecto reside en q...