Actividade para sesión virtual: Enfoque por tarefas e Método directo
Unha vez vistos os distintos métodos e enfoques para o ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras, é hora de poñelos en práctica mediante o deseño de dúas tarefas, unha na que se empregue o Enfoque por tarefas, e outra, o método directo. Deste xeito, poderase comprobar se se entenderon correctamente as explicación dos distintos procedementos de E/A.
En relación co contexto da respectiva Unidade Didáctica na que se inserirían esas dúas actividades, débese salientar que está dirixida ó alumnado de 3º da ESO, que asiste a un centro de ensino secundario situado no corazón da cidade de Ourense. Encádrase dentro do proxecto final de curso que consiste na elaboración dun folleto turístico e un vídeo curto con subtítulos en inglés, no que se amosen os aspectos máis relevantes (monumentos, gastronomía, cultura) desta vila termal. Este proxecto diríxese a un grupo de estudantes escoceses cos que o vindeiro curso realizarán un intercambio. A finalidade deste proxecto reside en que antes de que o alumnado visite os países correspondentes, coñezan máis de preto a súa cultura ou historia. Lemebremos que adquirir a competencia lingüística, non só consiste en falar un idioma, senón tamén, en informarse das características idiosincráticas dese lugar.
Para comezar, preséntase o método directo que é o proceso empregado para levar a cabo a segunda actividade. Este procedemento basease nos supostos naturalistas da aprendizaxe dunha lingua, é dicir, na convición de que o proceso de aprendizaxe dunha segunda lingua é similar o que se fixo coa lingua materna.
É un método que foi produto das ideas introducidas polo movemento de reforma, que xurdiu a finais do século XIX, sendo un dos primeiros intentos de construír unha metodoloxía da ensinanza de linguas baseada na observación do proceso de adquisición da lingua materna. As sesións consisten en realizar preguntas e responder a elas, co que se vai introducindo no idioma estranxeiro. Outorga unha prioridade esencial á lingua oral e a ensinanza na lingua meta, apoiándose en:
Temporalización: farase durante unha única sesión de 50 minutos.
Recursos: imaxes de pubs de Escocia.
Desenvolvemento das competencias básicas: competencia en comunicación lingüística (CCL) e competencia en conciencia e expresións culturais (CEC).
Metodoloxía: a descrición, realizarase por parellas e a persoa que comece designarase ó azar, así que ambas partes deben preparar todo.
Obxectivo xeral: comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.
Obxectivos didácticos:
Os beneficios de empregar este método poden ser o único emprego da lingua meta e que por tanto iso repercuta nunha mellor pronunciación e compresión do idioma. Outra cousa, é que se trata dn contexto real que calquer estudante pode vivir, ó tratárense situacións cotiás da vida, respecto ó vocabulario de comida e mobilairio, entre outras cousas.
A continuación, pasarase á explicación do enfoque por tarefas e máis a actividade que se deseñou para este método. As tarefas son segundo o MCERL"calquer acción intencionada que un individuo considera necesaria para conseguir un resultado concreto en canto á resolución dun problema, o cumprimento dunha obriga ou a conseción dun obxectivo". A calidade das tarefas dependerán, segundo Ana Basterra (2014):

- uso exclusivo da lingua meta
- ensinanza de estruturas de uso cotiá
- ensinanza inductiva da gramática
- desenvolvemento das destrezas comunicativas de xeito progresivo
- énfase na pronuncia e gramática
Temporalización: farase durante unha única sesión de 50 minutos.
Recursos: imaxes de pubs de Escocia.
Desenvolvemento das competencias básicas: competencia en comunicación lingüística (CCL) e competencia en conciencia e expresións culturais (CEC).
Metodoloxía: a descrición, realizarase por parellas e a persoa que comece designarase ó azar, así que ambas partes deben preparar todo.
Obxectivo xeral: comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.
Obxectivos didácticos:
- coñecer diferentes expresións que se empregan para describir imaxes
- saber léxico referente a situacións cotiás como o de comida e mobiliario
- pronunciar correctamente e manter o ton axeitado segundo o tipo de conversa
Os beneficios de empregar este método poden ser o único emprego da lingua meta e que por tanto iso repercuta nunha mellor pronunciación e compresión do idioma. Outra cousa, é que se trata dn contexto real que calquer estudante pode vivir, ó tratárense situacións cotiás da vida, respecto ó vocabulario de comida e mobilairio, entre outras cousas.
A continuación, pasarase á explicación do enfoque por tarefas e máis a actividade que se deseñou para este método. As tarefas son segundo o MCERL"calquer acción intencionada que un individuo considera necesaria para conseguir un resultado concreto en canto á resolución dun problema, o cumprimento dunha obriga ou a conseción dun obxectivo". A calidade das tarefas dependerán, segundo Ana Basterra (2014):
- Do que ocorre antes (Quen e por qué se fai? É relevante para o alumnado?)
- Do que ocorre mentres (Que ten que facer o alumnado? Terá que producir algo novo? Comunicaron o aprendido cos outros estudantes?)
- Do que ocorre despois (Saberán transmitir os novos coñecementos a outras situacións? Terían unha boa aprendizaxe?)
Polo tanto, vai moi vinculado a aprendizaxe significativa, na que se vinculan os coñecementos previos que posúe o alumnado cos novos materiais que se adquiren. A súa estrutura que nos leve cara a tarefa final queda como se amosa na imaxe:
Esta proposta xorde nos anos noventa como evolución dos enfoques comunicativos (Breen 1987, Cadlin 1990, Nunan 1989) e consiste nun programa de ensino/aprendizaxe dunha lingua que propón actividades nas que se faga un uso real da lingua, e non das estruturas sintácticas, moi propias dos métodos audiolingües. Baséase na interpretación do senso das mensaxes comunicativas e do seu contexto, e non das estruturas e regras que conforman unha lingua.
Seguindo esta base, deséñase unha tarefa final que consiste na realización dun role play, no que terán que pedir comida nun restaurante, imaxinando que se atopan en Edimburgo. Un membro do grupo actuará como camareiro e o resto como clientes.
Temporalización: prevese que a tarefa final se acade en tres sesións, cunha duración de 50 minutos cada unha.
Recursos: vídeo no que se amosen pratos típicos escoceses e menú elaborado por cada grupo.
Desenvolvemento das competencias básicas: competencia en comunicación lingüística (CCL), competencia aprender a aprender (CAA), competencia en conciencia e expresións culturais (CEC), e competencia social e cívica (CSC).
Metodoloxía: todas as subtarefas pertencentes a ésta, levaranse a cabo en grupos de catro persoas, co obxectivo de que se axuden entre eles e todos traballen no mesmo nivel.
Obxectivo xeral: comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.
Obxectivos didácticos:
- interactuar nunha produción oral de forma clara, ordeada e comprensible
- pronunciar correctamente e manter o ton durante toda a conversación
- coñecer a estrutura das wh questions e empregalas axeitadamente
- 1ª sesión. O tema desta actividade vai ser un pequeno debate en inglés sobre a gastronomía, dirixido polo docente. Comézase preguntando ó alumnado, cal é a súa comida favorita, que comida é típica da zona na que viven, que adoitan comer na súa casa, que entenden por dieta, etc. Para todo isto é nécesario empregar as WH questions e polo tanto, lembrar como funciona a súa estrutura (Wh question + auxiliar + suxeito + verbo + particula interrogativa). Logo, procederase á visualización dun vídeo no que se amosen os pratos que se atopen nun típico pub escocés, para que cada grupo elabore o seu menú. Esta carta imprimirase para que se introduza no role play.
- 2ª sesión. Asígnanse os grupos (4 persoas), e diso encárgase o docente, co obxectivo de evitar que haxa desequilibrios entre o alumnado e se sociabilicen con outras persoas. Nesta sesión levarase a cabo a redacción dos distintos diálogos nos que se amosen preguntas que respondan a invitacións para comer, indicacións de onde queda un restaurante, pedir a comida,o prezo do menú, etc. Unha vez rematen, disporán de tempo para ensaiar o role-play, que se exporá na última sesión. Informaráselles que poden traer roupa e outros elementos cos que facer a situación máis real.
- 3ª sesión. Exposicións dos distintos role play e que os dez últimos minutos se dediquen para a avaliación.
Este cadro corresponde ós contidos, criterio de avaliación e estándares de aprendizaxe de ambas actividades:
Bloque 1. Comprensión de textos orais
| ||
Contidos
|
Criterios de avaliación
|
Estándares de aprendizaxe
|
B1.1. Estratexias de comprensión:
- Mobilización de información previa sobre o tipo de tarefa e o tema.
- Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión a el.
B1.2. Tolerancia da comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa.
|
B 1.1.
B 1.2.
B 1.3
B 1.5.
|
PLEB 1.1
PLEB 1.2
PLEB 1.3
PLEB 1.5
|
Bloque 2. Produción de textos orais
| ||
Contidos
|
Criterios de avaliación
|
Estándares de aprendizaxe
|
B2.1. Estratexias de produción:
- Planificación:
- Identificación do contexto, o destinatario e a finalidade da produción ou da interacción.
- Adecuación do texto ao destinatario, ao contexto e á canle, aplicando o rexistro e a estrutura de discurso adecuados a cada caso, e escollendo os expoñentes lingüísticos necesarios para lograr a intención comunicativa.
- Execución:
- Concepción da mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais, e a súa estrutura básica.
- Activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados.
- Expresión da mensaxe con claridade e coherencia, estruturándoa adecuadamente e axustándose, de ser o caso, aos modelos e ás fórmulas de cada tipo de texto
- Lingüísticos:
- Modificación de palabras de significado parecido.
- Definición ou paráfrase dun termo ou expresión.
- Petición de axuda ou clarificación.
- Paralingüísticos:
- Sinalación de obxectos, uso de deícticos ou realización de accións que aclaran o significado.
- Usar elementos cuasiléxicos (hum, puah,etc.) de valor comunicativo.
- Usar os elementos prosódicos (pausas, ritmo e entoación) como substitutos dos marcadores discursivos para indicarlle á persoa destinataria ou oínte as partes do discurso que deben ser cointerpretadas
B2.2. Rutinas ou modelos de interacción básicos segundo o tipo de situación de comunicación propia da súa idade e do seu nivel escolar B2.4. Actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender. |
B 2.1.
B 2.2.
B 2.3
B 2.4
B 2.5.
|
PLEB 2.1
PLEB 2.2
PLEB 2.3
PLEB 2.4
PLEB 2.5
|
En conclusión, levar a cabo unha busca do que implican o método directo e o enfoque por tarefas, como procesos de E/A de linguas estranxeiras, e máis tarde, aplicalos en actividades que se baseen neles, permite que se interiorice moito mellor as características de ambos métodos. Ademais, procurar os obxectivos, recursos, criterios de avaliación e estandares de aprendizaxe, entre outros moitos aspectos que conforman unha unidade didáctica, permiten que as actividades non queden como algo anecdótico, senón que sirvan para aplicalas e melloraras tamén, nas futuras programacións didácticas que se teñan que elaborar. Non foi un exercicio doado, pero sen dúbida contribuíu a perfeccionar os coñecementos á hora de deseñar unha programación.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
- Candlin, C.N. (1990) Hacia la enseñanza de lenguas basada en tareas. Comunicación, Lenguaje y Educación, 7-8.
- Llobera, M. et alii (1995) Competencia comunicativa. Edelsa.
- Basterra Cossío, A. (2014) Proyectos de trabajo. Dispoñible en:
http://anabast.wordpress.com/category/proyectos-de-trabajo/
- Breen, M. (1987) Paradigmas contemporáneos en el diseño de programas de enseñanza de lenguas.
- Nunan, D. (1989), El diseño de tareas para la clase comunicativa. Cambridge: Cambridge University Press, 1997.
- Moya Guijarro, A. J. (2003) La enseñanza de la lengua extranjera en la educación infantil. Universidad de Castilla y la Mancha.
- Pino Juste, M., Cantón Mayo, I. (2014) Diseño y desarrollo del currículum. Madrid: Alianza Editorial

Comentarios
Publicar un comentario