Tema 5: As programacións didácticas vixentes. (Diario)

Se no tema anterior, nos centramos no deseño do currículo e en todos os elementos que os conforman, agora avanzamos un paso máis e pasamos ás programacións didácticas, que como ven se viu nos graos de concreción curricular, pertencen o terceiro nivel e son os departamentos dos propios centros educativos os que se encargan de redactalas. 





As programacións didácticas pódense definir como "conxunto de decisións adoptadas polo profesorado dunha especialidade nun centro educativo, ó respecto dunha materia ou área e do nivel no que se imparte, todo iso no marco do proceso global de ensinanza-aprendizaxe". Teñen unha estrutura orientativa definida pola Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, que se divide nas seguintes seccións:

    1. Secuenciación e temporalización de contidos
    2. Perfil de cada unha das competencias
    3. Concreción dos elementos transversais de cada área
    4. Estratexias e instrumentos para a avaliación
    5. Criterios de avaliación e cualificación
    6. Decisións metodolóxicas e didácticas
    7. Adaptacións curriculares
    8. Materiais e recursos
    9. Actividades extraescolares e complementarias
    10. Avaliación da programación didáctica e os seus indicadores de logro


Estas seccións só sirven de orientación para os centros educativos, algo que comprobamos cando tivemos a oportunidade de comparar as de varios institutos. Por outra banda, salientar que tamén se viron as programacións das Escolas Oficiais de Idiomas. 

En conclusión, a redación de programacións didácticas implican unha grande cantidade de traballo para persoa ou persoas que a fagan, pois nela deben incluír múltiples elementos, ademáis de avaliar a que fixeron o curso académico anterior e, por suposto estar ó tanto en canto á normativa educativa vixente. Trátase dun documento moi relevante no contexto educativo, xa que todo o referente a materia se cingue a ela, polo que debe gozar dunha coherencia extrema co fin de evitar posibles confrontacións que a tiren abaixo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Tema 4: O deseño curricular. (Diario)