Tema 5: As programacións didácticas vixentes. (Dosier)

Logo de ver os aspectos correspondentes coa programación didáctica e todo o que iso implica, pasouse á parte práctica do tema co obxectivo de ver que é o que se comprendeu e o que non.



En primeiro lugar, volveuse a realizar un debate piramidal, no que o tema obxecto de discusión foi cales son os puntos imprescindibles que non deben faltar nunha programación didáctica. En parellas puxémonos de acordo sen problema, pero no grupo grande argumentamos ambas opcións, sendo unha cuestión fundamental nese intercambio e que se shegou finalmente, á seginte clasificación:

    • Metodoloxía
    • Obxectivos do currículo en conxunción cos do centro
    • Atención á diversidade
    • Temporalización
    • Recursos


Unha vez rematado o exercicio anterior, fíxose unha actividade por medio da aplicación "Kahoot", empregada tamén no tema anterior. O único que cambiou con respecto á outra sesión, foi que desta vez o test levaríase a cabo de xeito individual e cuns nomes que se asignaron aleatoriamente, polo que tamén era moi divertido seguir a clasificación, xa que non se sabía como quedaba cada persoa. O cuestionario xiraba entorno o currículo da ensinanza de linguas estranxeiras.

A continuación, citáronse en voz alta os elementos que integran unha programación e ver deste xeito do que nos lembrábamos. Logo, viuse a presentación "Planificar e programar" de Carlos Valcarcel, na que se especificaban as partes, fases, ámbitos e fontes que conforman unha programación didáctica.




Deseguido, realizouse unha actividade en grupos de catro persoas, que consistía en buscar programacións didácticas dun centro de ensino secundario a través do buscador da Xunta. Cando xa se tiña elixido o instituto pertinente, que no noso caso foi o IES de Mos, había que facer unha checklist cos elementos da programación didáctica da materia de inglés, que inclúa as orientacións proporcionadas pola LOMCE e despois, un comentario sobre a mesma, que se inclúen nun documento de Google Drive compartido co resto do alumnado e o propio docente. Tras analizar esta programación concluimos en que os aspectos a mellorar eran bastantes e que polo tanto non pasaría a inspección educativa correspondente. Cabe destacar tamén, que as programacións nas que se basearon o resto de compañeiros estaban algo incompletas e só destacaron a do IES Santa Irene. Para mostra tamén, a do IES Eusebio da Guarda (A Coruña) que contén preto de 600 páxinas as que non lle falta de nada en absoluto.

Para rematar, fíxose un reparto de centro de EOI, e debíase analizar a programación didáctica do departamento de inglés. Ó noso grupo tocoulle o da EOI da Coruña, así que examinándoa, atópanse incoherencias en canto ó asunto de atención á diversidade e máis os instrumentos de avaliación interna.

En conclusión, este tema tivo unha especial relevancia, xa que se repasaron os aspectos relativos ás programacións didácticas e aclaramos conceptos como o de estándares de aprendizaxe, que son unha novidade incorporada recentemente. Aprendín tamén, que aínda que as programacións deben ser claras e concisas, e plasmen todos os elementos que correspondan. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Tema 4: O deseño curricular. (Diario)