Este Tema 4 titulado "O deseño curricular" xira en torno ós elementos, competencias básicas e graos de concreción curicular, destacando sobre todo, o peso que teñen as linguas estranxeiras no currículo da Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Escola Oficial de Idiomas nun contexto tanto estatal coma autonómico. En primeiro lugar, comezouse pola definición de currículo, que consiste na "regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas" e que debe respostar ós interrogantes sobre que se ensina, como se ensina e como se avalía a aprendizaxe. Unha vez queda entendido o concepto, pasamos ós elementos que o conforman: Obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. Que se refiren ós logros que o alumnado debe acadar o finalizar o proceso educativo. Neste apartado abordamos a falta de concreción que existe no currículo a nivel autonómico, pois no Decreto 86/2015 existe ...
Comentarios
Publicar un comentario