Tema 6: A metodoloxía CLIL/AICLE. O proxecto Lingüístico de Centro. (Dosier)
Nas sesións pertencentes ó tema 6 sobre a metodoloxía CLIL/AICLE, realizáronse unha serie de actividades que afondaron en aspectos referentes a este asunto, e que sen dúbida contribuíron o asentamento dos coñecementos que se explicaron durante as distintas sesións.
O primeiro exericio que se levou a cabo foi o dun debate en pirámide, algo que xa empregáramos en prácticas anteriores e que consiste en establecer un intercambio de opinións comezando por parellas e rematando coa clase enteira. Neste caso o tema a debater foi sobre o Plan Edilingüe implusado pola Xunta de Galicia. En relación con esta cuestión, xurdiu a dúbida dentro do grupo de cales son a diferenzas entre centros plurilingües e seccións bilingües, pero non chegamos a unha definición clara de ambas, así que foi o propio docente o encargado de aclararnos os respectivos significados. Logo, tamén se destacaron as eivas presentes neste ambicioso Plan que pretende cumprir cos obxectivos impostos pola Unión Europea cara o ano 2020:
- Moi bonito na teoría pero na práctica non é factible
- Pouca preparación dos mestres neste senso
- Sentar unha base sólida no idioma estranxeiro
- Tomar outras medidas como estancias no estranxeiro no verán, ERASMUS en secundaria...
- Investimento dunha gran cantidade de orzamento neste programa que poderían ser colocados noutros proxectos que melloren realmente o emprego das linguas estranxeiras
Deseguido, tivo lugar a presentación dunha compañeira co seu traballo sobre a metodoloxía CLIL/AICLE. Exemplificou un proxecto AICLE que se fixo nun centro, para que se puidera ver con máis claridade cal é o funcionamento deste tipo de metodoloxías nun caso real. A verdade, é que serviu de gran axuda poder comprobar como se encaixa nun instituto e deste xeito comprobar que é posible levalo a cabo, outra cousa é ver se estamos de acordo coa posta en marcha destes procedementos.
Para rematar estas sesións dedicadas ó tema 6, volvemos a realizar un debate piramidal no que tiñamos que contar a nosa experiencia como estudantes, respecto a se había comunicación entre os distintos departamentos do centro e en que lingua se impartían as clases de lingua estranxeira. A seguinte actividade tamén se fixo do mesmo xeito, só que había que relacionar as actividades dun libro de ensinanza de francés cos apartados de recepción, produción, gramática, léxico, fonética e entoación. Por último, levouse a cabo a presentación do Proxecto Lingüístico de Centro (PLC), que resultou un asunto de especial relevancia e considero que todos os centros deberían presentar un. O profesor escolleu a un estudante para que formulara unha pregunta sobre o que se amosou, un xeito interesante de implicarse e ver que é o que se entendeu.
Concluíndo, a través da realización deste tipo de exercicios, compréndense mellor, termos como os de bilingüismo e pluringüismo, que parecen que teñen o mesmo significado, e non é así en absoluto. Ademais, facer a análise do Decreto do plurilingüismo e do Plan que axudaría a que se cumpra, fan que queden claros os obxectivos que se impoñen dende a Unión Europea na que se fomenta a adquisición, de polo menos, unha lingua estranxeira. Por outra banda, explicar a metodoloxía AICLE e logo vela aplicada nun caso real, fixo que a entendera moito millor, xa que as cousas que se ven na práctica, fíxanse máis.


Comentarios
Publicar un comentario