Tema 4: O deseño curricular. (Dosier)
Se nos volvemos a lembrar, o tema 4 céntrase no deseño curricular e en todos os elementos que o conforman, así como o de valorar a presenza das linguas estranxeiras durante todas as etapas educativas. Polo tanto, unha vez vista toda a teoría relativa a este tema, pasamos á práctica, co obxectivo de ver que coñecementos asentamos e cal era a nosa opinión, respecto a temas vinculados directamente co currículo.
Para comezar, establecemos a forma de debate piramidal na realización do primeiro exercicio. Este tipo de debate está dentro dunha metodoloxía participativa e que polo tanto, require a implicación do alumnado e que consiste en que logo de saber o tema a debater irase dende grupos máis pequenos (parellas) ata chegar a toda a clase no seu conxunto. É un xeito moi interesante de facer que os estudantes se sintan partícipes do que se está a opinar e de que tamén todos poidan expresar a súa opinión. No caso de que haxa persoas que se sintan cohibidas resulta moi efectivo, pois pouco a pouco esa timidez irá pasando, o comezar de parellas. O tema obxecto de debate foi o currículo e os seus elementos. Manter este intercambio de opinión entre os propios compañeiros favorece por unha banda, que o grupo se coñeza, e por outra, que se razoen os coñecementos adquiridos. A única desvantaxe que lle poño, foi que o aula na que se realizou non axudaba en absoluto, pois as mesas estaban fixas, así que non había liberdade de movemento, polo tanto, o espazo físico no que leve a cabo é un elemento a ter moi en conta.
A continuación, fixemos unha actividade na que se tiña que empregar a aplicación "Kahoot", previamente o docente xa avisara para que a instalasemos nos nosos dispositivos móbiles ou tabletas, mediante os que se verían as posibles respostas, aparecendo a pregunta na pantalla. Para a súa posta en marcha, tiñamos que formar grupos de catro persoas e asignarlle un nome, co que logo seguir a clasificación da clase. A actividade consistía nunha especie de "Trivial" pero con preguntas relacionadas co deseño curricular. O que se puido observar durante o desenvolvemento desta dinámica foi que, a pesares de ter visto o tema do currículo nunha materia anterior, quedaba moito por clarificar. En relación coa resposta que se obtivo do alumnado, podo dicir que foi moi boa, xa que, que un tema que pode resultar tan pesado como o do papel que xogan as distintas administracións na redación do currículo, quedou na nosa mente como algo dinámico e motivante a través da competencia sana entre estudantes.
A última actividade consistiu por grupo de catro, na busca de distintos elementos que conforman este Tema 4 e que se atopaban nunha folla que se repartiu, dividida en sete puntos. Para completar os diversos subtemas, compartiuse mediante Google Drive un documento con toda a clase e así, poder ir traballando e vendo ó mesmo tempo o que escriben os demais. O me grupo tocáronlle os puntos 5.2 As linguas estranxeiras na organización da ESO e 5.3 As linguas estranxeiras nas avaliacións da ESO, así que buscamos tanto no Decreto 86/2015 como na LOMCE, as horas adicadas ás linguas estranxeiras en cada curso, as modalidades e as características da avaliación da ESO. Unha vez que os grupos remataron cadansúa parte, puxemos en común os diversos contidos e elaboruse un comentario final, pertencente o punto ou puntos asignados. Coa realización deste exercicio en grupos pequenos obtemos que se xere un debate no que se vexan os puntos a en acordo e en desacordo, e como pode a cambiar unha idea cun argumento acertado.
En resumo, levar a cabo diferentes dinámicas ás que non estamos ocupados, fai que as sesións se tomen doutro xeito, e que iso repercuta directamente na motivación e implicación do alumnado. Tanto as actividades grupais, que permiten e apoian o intercambio de opinión entre os estudantes, coma o exercicio que se fixo mediante a aplicación "Kahoot", son diferentes maneiras de traballar os contido visto na clase dende un punto de vista máis activo e co que os estudantes se sintan identificados.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
- DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia. Galicia, 29 de xuño de 2015, núm. 120.
- Ley Orgánica para la mejora de la calidad educativa (Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre). Boletín Oficial del Estado, num. 295, 10 de decembro de 2013.


Comentarios
Publicar un comentario