Tema 4: O deseño curricular. (Diario)

Este Tema 4 titulado "O deseño curricular" xira en torno ós elementos, competencias básicas e graos de concreción curicular, destacando sobre todo, o peso que teñen as linguas estranxeiras no currículo da Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Escola Oficial de Idiomas nun contexto tanto estatal coma autonómico.


En primeiro lugar, comezouse pola definición de currículo, que consiste na "regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas" e que debe respostar ós interrogantes sobre que se ensina, como se ensina e como se avalía a aprendizaxe. Unha vez queda entendido o concepto, pasamos ós elementos que o conforman: 
  • Obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. Que se refiren ós logros que o alumnado debe acadar o finalizar o proceso educativo. Neste apartado abordamos a falta de concreción que existe no currículo a nivel autonómico, pois no Decreto 86/2015 existe unha lista de obxectivos a nivel superficial de secundaria e bacharelato, pero non se enumeran dun xeito específico, polo que se ve incompleto.
  • As competencias. Que aluden as distintas capacidades para aplicar "de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa". Estas competencias veñen definidas no proxecto DeSeCo da OCDE, que ve moi necesaria a adquisición déstas como "condición indispensable para acadar o pleno desenvolvemento persoal, social e profesional" en consonancia co mundo globalizado no que estamos a vivir. Polo tanto, as competencias clave no Sistema Educativa Español descritas e numeradas na Orde ECD/65/2015 son:
      • Comunicación lingüística (CCL)
      • Competencia matemática e competencias básicas en ciencias e tecnoloxía (CMCT). Derivada do temo inglés Science Technology Engineering Mathematics (STEM)
      • Competencia dixital (CD)
      • Aprender a aprender (CPAA)
      • Competencias sociais e cívicas (CSC)
      • Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (SIE)
      • Conciencia e expresións culturais (CEC)
    • As competencias que se consideran máis relevantes son a de CCL e a CMCT.


  • Os contidos. Que se entenden como "os coñecementos, destrezas e actitudes que contribuen ó logro dos obxectivos de cada ensinanza e a adquisición de competencias".
  • Os estándares de aprendizaxe avalibles. Consisten en especificar os criterios de avaliación que permiten definir os resultados da aprendizaxe. Os estándares son os novos elementos que se introduciron na LOMCE.
  • Os criterios de avaliación. Defínense como "o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado".
  • A metodoloxía didáctica. Refírese ó xeito de ensinar, respondendo a cuestión de "como se ensina?".
Cando xa temos especificado todos os elementos que forman parte do currículo, pasamos os Graos de Concreción Curricular, estruturados en tres niveis que se corresponden con:

    1. Primeiro nivel. Corresponde ó Goberno do Estado a través de leis orgánicas e reais decretos e tamén o Ministerio de Educación por medio de decretos, ordes, resolucións e disposicións.
    2. Segundo nivel. Pertence ó Goberno Autonómico con decretos, ordes, resolucións e disposicións.
    3. Terceiro nivel. Relativo o propio Centro Educativo mediante proxectos educativos, curriculares e programacións.
    4. Cuarto nivel. Este nivel pode levarse a cabo ou non e pertence á adaptación do proceso de ensinanza-aprendizaxe a casos concretos do alumnado que requiran á atención das Necesidades Específicas de Apoio Educativa (NEAE).
Xa para rematar, centrámonos no papel que xogan as linguas estranxeiras no currículo da ESO, Bacharelato, FP e EOI. Viuse como a LOMCE definiu os niveis de competencia dunha lingua en básico (A1-A2), intermedio (B1-B2) e avanzado (C1-C2), mentres que nas escolas oficiais de idiomas teñen seis cursos e no que o último equivale a B2. Seguindo con este aspecto, detivémonos na cantidade de horas destinadas ás linguas estranxeiras, tanto de primeiro idioma coma de segundo, en todas as etapas educativas. 

Como conclusión, poderiamos dicir que todos estivemos de acordo no asunto de que as horas que se imparten en linguas estranxeiras son poucas en funcións dos obxectivos que se nos piden cumprir, sendo un dos principais motivos de que o noso sistema educativa sexa feble nese ámbito. Con relación ó currículo e todos os elementos que o integran, vimos que todo queda moi bonito no papel pero que á hora de levalo á realidade todo resulta difícil e máis, sen o apoio das institucións pertinentes. 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia. Galicia, 29 de xuño de 2015, núm. 120.

Ley Orgánica para la mejora de la calidad educativa (Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre). Boletín Oficial del Estado, num. 295, 10 de decembro de 2013.

- Proxecto DeSeCo: Définitions et sélection des compétences. Fondements theóriques et conceptuels. Document de strategie. DEELSA/ED/CERI/CD (2002)
Dispoñible en: http://www.oecd.org/dataoecd/36/55/35693273.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora