Aprendizaxe baseado en proxectos. Exemplo para traballar no aula.

Na sesión correspondente o tema 3, abordamos todo o que implica a metodoloxía de traballo por proxectos e tamén se puxo en práctica unha actividade por grupos, que consistía en elixir un libro de lingua estranxeira e nunha parte da unidade cambiar os exercicios que propuña por outros que se adaptaran máis o que buscamos como docentes.

Con relación a metodoloxía baseada en proxectos pódese dicir que consiste en que o alumnado leve a cabo un amplo proceso de investigación para responder a un cambio ou pregunta complexa e que en todo iso se traballen os contidos básicos, así como as competencias que rexe a correspondente lei. Entre as vantaxes que trae consigo a aplicación desta metodoloxía destacan:

- a autonomía e capacidade de decisión da que gozan os estudantes
- promoción da capacidade de investigación
- potencia o espírito autocrítico
- máis importancia o proceso de aprendizaxe que o resultado final
- desenvolvemento de habilidades como a empatía
- implementación dun proxecto integrador
- o alumnado exerce como protagonista
- traballo en situacións reais
- atención á diversidade no aula






Co obxectivo de empregar a metodoloxía por proxectos no aula, propoño exemplificala a través do libro de texto de lingua inglesa “Viewpoints” (Payne, K., Grant, E., 2009) pertencente a 1º de Bacharelato. A unidade elixida é a 4, que ten como tema de vocabulario principal o léxico relacionado co tipo de edificios e os materiais empregados para construílos. O proxecto para traballar con este tipo de vocabulario, nun contexto máis real e próximo ó alumnado, no que este se sinta implicado, é un dos principais motivos polo que se deseñou.






Este proxecto culmina coa realización dun folleto turístico e un pequeno vídeo de menos dun minuto no que se inclúan as obras arquitectónicas máis características do lugar no que viven, neste caso a cidade de Ourense. Nese panfleto teñen que incluir unha imaxe do monumento, acompañada dunha descrición do mesmo (orixe, autor, materiais...). A organización do traballo farase por grupos de cinco persoas cada un (clase de vintecinco estudantes) seleccionadas polo docente, posto que coñece perfectamente o grupo e formará equipos equilibrados, por outra banda, vai ser o alumnado o encargado de elixir a obra. Está pensado para que se estruture ó longo de cinco sesións e o video farano durante horario non lectivo. Na primeira terán que seleccionar o monumento e no caso de que haxa outro grupo que tamén tivera pensado realizalo sobre o mesmo, cada un exporá os seus argumentos ou un se tiña pensado outro, pois cede nese aspecto. Durante ese día tamén irán seleccionando a información que lle pareza máis relevante, así como diversas imaxes. Xa na segunda sesión, despezarán a información atopada e que pensan incluír na descrición do monumento e máis a imaxe que acordaron inserir. Con relación a terceira sesión redactarán esa descrición en inglés detallando o autor, orixe, emprazamento e material do que está feito. Na cuarta sesión farán unha revisión da estrutura lingüística e resto de aspectos que teñen que ver con iso e realizarán tamén a maquetaxe do mesmo. Por último, presentarán o proxecto diante de toda a clase e o seu respectivo vídeo.


En relación coa avaliación deste proxecto, dirase que prima o proceso por riba do resultado final, así que irase seguindo o traballo diario a través do rexistro anecdótico por grupo no que anotarán os comportamentos, actitudes e procedementos seguidos. O proxecto final avaliarase por unha banda o folleto turístico (produción escrita), e por outra banda, a exposición oral (produción oral) con dúas rúbricas diferenciadas que se expoñen a continuación.

Rúbrica para a produción escrita


Rúbrica para a produción oral


En conclusión, empregar a metodoloxía por proxectos trae consigo a constante implicación do e cara o alumnado, xa que é o protagonista da súa aprendizaxe. O emprego deste traballo por proxectos achégaos a un contexto real co que se van atopar nalgún momento da súa vida, e iso sen dúbida favorece tanto a motivación como a potenciación de distintas habilidades. Penso que se trata dunha metodoloxía moi interesante que se debería aplicar máis a miúdo nos centros educativos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Tema 4: O deseño curricular. (Diario)