Temas 7 e 8: O ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna / As linguas estranxeiras como fenómeno global (Dosier)

Os temas 7 e 8 trataban sobre, por unha banda, o papel das linguas estraxeiras en España e o seu posto nos distintos informes europeos (PISA, Eurostat e Eurobarómetro), contrapoñéndose co destacado sistema educativo finés. Por outra banda, proporcionouse unha listaxe cunha serie de metodoloxías de ensino/aprendizaxe de linguas estranxeiras, nas que primaba o protagonismo da competencia comunicativa.



Para a práctica realizada durante as sesións dos tema 7 e 8, fíxose a través do debate "en puzzle", no que a clase se dividía en dous grupos de cinco persoas cada un, na que cada estudante se encargara de analizar unha parte para logo unir todas as pezas, de aí o seu nome. O obxectivo co era buscar nun libro de texto de inglés, cales serían o tipo e a cantidade de actividades que se clasifican segundo a recepción, produción, gramática, léxico e fonética e entoación. Cada persoa do grupo encargábase dun apartado e ó finalizar poñíase en común todo o que se atopase en cada sección. Xa, para concluír con esta cuestión, intercambiamos co outro grupo, primeiro coa persoa que fixo o mesmo apartado e despois as características xerais que máis nos sorprenderon.





A continuación, tivo lugar a presentación feita polo propio alumnado sobre distintas cuestións, máis unha pregunta posterior por parte dun estudante asignado polo docente. A primeira exposición versou sobre a comparación de dous métodos de E/A de linguas estranxeiras, que foron o método audiolingüe, que consiste en repetir estruturas dende a compresión oral, e o enfoque comunicativo, que outorga máis importancia á competencia en linguas que ó coñecemento, e no que non se empregan libros de texto. Pareceume moi interesante o de contrastar ambos métodos para ver que aínda que parten da base da oralidade teñen obxectivos distintos, pois o cumunicativo apóiase máis en conversacións reais, e non en frases aleatorios fóra de contexto, centradas só na súa estrutura. Tocoume realizar unha pregunta e foi, qué método parece máis factible para levalo a cabo?

Outra exposición xirou entorno ó enfoque por tarefas, un método bastante máis novo, que se centra en actividades sobre o emprego real da lingua e que xorde, polo tanto, do enfoque comunicativo. O seu mecanismo é ir resolvendo pequenas tarefas sobre un tema para logo poder chegar a tarefa final. Gustoume especialmente este enfoque, xa que mestura a competencia comunicativo do alumnado e o proceso pedagóxico está organizado en unidades temáticas. A seguinte presentación xirou entorno ó método por proxectos, que se refire a un enfoque metodolóxico integrador que parte da necesidade de adecuar o ensino ás necesidades e intereses do alumnado e ás necesidades educativas. Baséase no tratamento da información de xeito conxunto, no establecemento de relacións entre os contidos e no enfoque interdisciplinario que vai favorecer a construción do coñecemento e a consecución das competencias básicas, asegurando que as aprendizaxes sexan significativas e contextualizadas. Ambos enfoques parecéronme os máis actuais e os que se deben aplicar hoxe en día, sobre todo, polo elemento comunicativo e contexto real que perseguen.

As exposicións que viñeron despois, facían referencia ós sistemas educativos e os resultados que tiveron nos informes de educación europeos. En primeiro lugar, presentouse a da comparación entre os resultados de España e Inglaterra nas probas internacionais en linguas estranxeiras. A análise de ambos países concluiu que a pesares de ter máis anos de estudo en linguas estranxeiras, España non consigue os resultados que se esperan logo de empregar tanto tempo. Se miramos a Inglaterra, obsérvase que con menos tempo consiguen mellores datos. Polo tanto, deberíase cambiar intensidade por efectividade dun xeito urxente. 




Rematando con estes temas, chegaron as presentacións sobre os sistemas educativos de por un lado, Finlandia e Corea do Sur, e por outro, a de Canadá e Estonia. O que se pode salientar de todos estes sería, que o plan que menos se parece é o implantado no país asiático, posto que se caracteriza polo número de horas que pasan nas escolas (10 horas), a competividade que existe entre o alumnado e a preferencia pola memorización e non pola creatividade. Os demais sistemas poñen ó alumnado no centro da proceso de E/A, permiten que os adultos se incorporen á educación ou a atención que presta á diversidade.

En conclusión, descubrir a longa lista de métodos de E/A de linguas estranxeiras, serviranos, como futuros docentes, para ver o que  e como queremos que sexan as nosas clases de idiomas; tendo como meta mellorar os resultados que aparecen nos informes europeos de educación, que nos deixan nos últimos postos. Nesta mellora, os docentes temos moito que dicir, pero tamén precisamos do apoio das administracións públicas. Por outra banda, comprobouse que cambiar sempre é posible e máis se se propón, como no caso finés e estonio, sistemas educativos que destacan por poñer ó alumnado no centro da ensinanza e por apostar pola creatividade destes. 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

- García, M., Prieto, C., e Santos, Mª. (1994) El enfoque por tareas en la enseñanza/aprendizaje del francés lengua extranjera: una experiencia para la reflexión. Publicaciones Universidad de Valladolid: Valladolid, pp. 71-78.

- MEC. PISA 2015. (2017) Programa para la evaluación internacional de alumnos. OCDE. Informe español. Dispoñible en: https://www.oecd.org/pisa/pisa-2015-results-in-focus-ESP.pdf

- Barquín Ruiz, Javier et al. (2011). Todos queremos ser Finlandia: los efectos secundarios de Pisa. Teoría de la Educación, vol. 12, nº 1, pp. 320-339.

- García Piedrahita, M. Los proyectos: un pretexto para aprender de forma significativa. Aula de innovación educativa, nº 108, páxs 19 a 23.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Tema 4: O deseño curricular. (Diario)