Tema 6: A metodoloxía CLIL/AICLE. O Proxecto Lingüístico de Centro. (Diario)

O tema 6 centrouse na metodoloxía coñecida como CLIL (Content and Language Integrated Learning) ou AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras) e como foi a súa incorporación ó currículo da nosa comunidade, a través do Decreto 79/2010 para a o plurilingüismo na ensinanza non universitaria e do Plan Edulingüe



A metodoloxía AICLE consiste en "situacións en que as materias ou parte delas se ensinan a través  dunha lingua estranxeira cun obxectivo duplo, a aprendizaxe de contidos e a aprendizaxe simultánea dunha lingua estranxeira". Adaptouse en Europa no ano 1994 e a Unión Europea foi unha forte impulsora, posto que o plurilingüismo está moi presente nas identidades culturais de cada individuo. Hai uns anos que se está intentando implantar en Galicia mediante o Decreto 79/2010 que pretende que as materias non lingüísticas se cursen un terzo delas en galego, outro terzo en castelán e outro terzo no idioma estranxeiro que designe o centro educativo. Esta lexislación vai adicada  as etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Continuando cara este senso, nace o Plan Edulingüe que formula entre as súas metas:

  • Ampliar o número de centros plurilingües e secións bilingües ata o 100% no ano 2020
  • Que ó remataren as etapas de ESO e Bacharelato certifiquen un idioma estranxeiro
  • Que o plurilingüismo se estenda ata o grao e mestrados
  • Implicar ás familias mediante intercambios internacionais 


En relación con este Plan, saliron dous termos que poden confundirse a miúdo, que son o de centros plurilingües e centros bilingües e que paso a definir deseguido. Enténdese por bilingüismo, o emprego habitual de dúas linguas por parte dun individuo ou grupo de individuos nunha comunidade de falantes  e por plurilingüismo, presenza simultánea de dúas o máis linguas na competencia comunicativa dun individuo e a interrelación que se establecen entre elas. Co obxectivo de que o profesorado estea preparado impártese cursos cunha duración de 70 horas coñecidos como PIALE e que tamén contan cun desprazamento ó estranxeiro.




Finalmente, as metodoloxías AICLE son moi ambiciosas, pero debemos recordar que no sistema educativo español, as linguas estranxeiras continúan a ser unha materia pendente, polo que a implantación dun plan coma este, debería primeiro sentar unhas bases sólidas na aprendizaxe de idiomas. Sábese que todo queda moi bonito nas leis, pero que á hora de levalo a cabo, as cousas vólvense máis complicadas, así que considero que se tería que traballar primeiro en montar un  forte alicerce en linguas para logo traspasalo ás outras materias.


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

- VV.AA. Aprendizaje Integrado de Contenidos y Lenguas (AICLE) en el contexto escolar europeo. Bruselas: Ministerio de educación e ciencia (2005). Dispoñible en: https://goo.gl/Hy7nGR.

- Marsh, D. et al. Profiling European CLIL Classrooms: Languages Open Doors. Jyäskylä. University of Jyäskylä & European Platform for Dutch Education. 2001

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Tema 4: O deseño curricular. (Diario)