Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2018

Sesión final (8/02/18): Debate

Imaxe
Chegamos ó remate das sesións deste último tramo da materia de Didáctica. Pensar que comezamos hai un mes e que xa toca dar remate a esas clases nas que tanto aprendimos e que nos proporcionaron múltiples ferramentas para ver como nos gustaría enfocar as nosas sesións no futuro, pois non sempre hai que seguir o libro, ademais de que a creación de contido propio pode axudar a potenciación do alumnado para que este acade grandes metas, entre outros moitos elementos.  Durante este último día, levamos a cabo un debate conxunto pero divididos en pequenos grupos de catro ou cinco persoas. En primeiro lugar, tiñamos que definir cales son as características coas que ten que contar un/unha docente sobresaínte. O que quedou claro e que estabamos de acordo en múltiples aspectos entre os que destacaría a empatía e interese cara o alumnado, que sexa respectuoso, que saiba transmitir por riba de ter un coñecemento amplísimo na materia, a organización, a pasión polo seu traballo ou que teña ...

Sesión 4 (7/02/18): a titoría, os grupos PMAR, CLIL e os auxiliares de conversa.

Imaxe
Nesta penúltima sesión da materia de Didáctica estivemos a tratar distintos temas que se encontran presentes e cos que temas que lidiar diariamente como profesorado. A continuación, comentarei os aspectos que atopei máis relevantes de cada un deses apartados entre os que se atopan: a hora de titoría, PMAR, CLIL e os auxiliares de conversa. Esas horas serviron de gran axuda para resolver certas dúbidas e á vez, para que xurdise un pequeno debate entre nós. En primeiro lugar, está esa famosa hora de titoría na que dende a miña experiencia propia e polo que vin compartida tamén con outros compañeiros, é un tempo no que se aproveitaba para facer deberes, botar unha reprimenda polo que pasase noutra clase ou preparar contido relacionado con actividades propostas polo centro, mais en poucas ocasións se dedicaba a tratar temas que como adolescentes nos puideran axudar de cara ó futuro máis inmediato. Pola contra, durante esta sesión e tamén na materia  de Orientación e Función Titori...

Sesión 3 (6/02/18): Fomento da produción escrita e actividade.

Imaxe
Na entrada pertencente a esta sesión, que tivo como tema principal a produción escrita, gustaríame tratar varios asuntos que me pareceron de grande importancia cando queremos traballar nas nosas clases esa habilidade. Entre eses aspectos a desenvolver, vou destacar o tipo de actividades escritas, o motivo polo que se realizan e a corrección que se debe dar nas actividades de expresión escrita. En primeiro lugar, estou moi de acordo en considerar que é mellor que durante as clases primen as actividades de expresión oral e interacción entre o alumnado, deixando que a produción escrita máis extensa quede para facer na casa, e mesmo que poidan entregalas a través da rede. Mais tamén é certo que non resulta conveniente relegala sempre para os deberes e que durante as sesión se poden facer actividades que impliquen a escritura, pero que sexan curtos, como un microrrelato ou a oda que se puxo como exemplo na aula. En relación cos exames, resulta máis efectivo tamén que a proba de produci...

Sesión 2 (31/01/2018): Produción oral na aula de lingua estranxeira e deseño dunha actividade

Imaxe
A posta en marcha de actividades que fomenten a produción oral e todo o que xira entorno a ela, converteuse no punto principal sobre o que xirou esta segunda sesión. Os temas que me resultaron máis interesantes e que desenvolverei de seguido, foron o da contextualización das actividades e que estean ligadas o que se está a dar, a potenciación da motivación intrínseca e extrínseca que esperte a súa curiosidade, a valoración positiva da fluidez por riba dos erros que se cometan. Vólvese a pór en relevancia a importancia que ten a fase de contextualización no momento de deseñar unha actividade, é dicir, que teñamos en conta a relación que existe entre ela e a temática que esteamos a dar. Este punto considérase moi importante, posto que estar en consonancia con esa dinámica vai ter un sentido, ademais de que o propio alumnado estará preparado para iso, pois é algo que xa deron con anterioridade e poñerano de novo en práctica. En relación con este asunto, tamén subliñaría a trascenden...

Sesión 3 (30/01/18): Reflexións varias e emprego da tecnoloxía nas aulas.

Imaxe
Durante o transcurso desta terceira sesión, puidemos comprobar como para traballar co libro de texto non é preciso seguilo ó pé da letra, senón que debemos exprimilo ó máximo, facendo as actividades doutro xeito ou mudando a orde destas. Ademais, citáronse as conclusións que extraíron profesionais relacionados co mundo educativo sobre as cousas que paga a pena subliñar. Por último, tiñamos que ler o artigo Is technology transforming education? co obxectivo de reflexionar sobre o que fala para logo aportar a nosa opinión. En múltiples ocasións no meu rol como alumna tiven a oportunidade de constatar como os libros de texto obrigatorios parecíanme pouco didácticos á hora de aprender, xa que os vía como algo aburrido e pouco motivador. Porén, decateime durante esta sesión, que estaba bastante equivocada, pois aínda que nos libros veñen cousas desfasadas ou que non entendemos que fan ubicadas nunha páxina en concreto, o que queda claro é que o fundamental é o xeito no que se trate....