Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2018

Sesión 2 (18/01/18): Comprensión escrita/lectora

Imaxe
Durante o desenvolvemento desta segunda sesión, tratáronse conceptos moi interesantes para nós como a variedade de exercicios que se poden facer co obxectivo de traballar a comprensión escrita/lectora, as actividades que se poden facer ó comezar a clase ( warm up ) ou as que se fan ó rematar ( bellwork ) ou as preocupacións sobre o alumnado ás que nos enfrontaremos como futuros docentes. En primeiro lugar, gustaríame destacar algo que dixo Ana e que é unha constante no noso exercicio profesional, e que consiste en pensar que o profesorado que imparte a materia de lingua estranxeira é un dicionario andante. Esta situación repítese acotío, así que debemos deixar moi claro que somos humanos e que, incluso eles mesmos non coñecen todas as palabras da nosa lingua materna, e para iso podemos pór un exemplo.  Agora, en relación co deseño das distintas actividades que se inclúen no traballo da comprensión escrita, destaca a estrutura que comentei tamén na entrada anterior sobr...

Sesión 1 (17/01/18): As competencias clave

Imaxe
O tema principal desta primeira sesión consistiu na definición e posta en práctica das sete competencias clave designadas polo proxecto europeo DeSeCo e que se acurtaron na LOMCE coa unión da Competencia matemática e da Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. Estes conceptos xa nos foran explicados previamente noutra materia deste mestrado, mais só se deron como parte teórica e non se viron en actividades concretas. Polo que, comprobar como se poden introducir estas competencias na realidade do alumnado serviu de gran axuda para ver do xeito na que as podemos implementar nas nosas clases. Unha das competencias que para nós como docentes de LE resultaba máis complicada introducir era a da Competencia Matemática e Competencias Básicas en Ciencias e Tecnoloxía, xa que nun principio non veiamos o oco que podía ter. A solución resultou ser moito máis sinxela do que se pensaba, pois non era ningunha operación matemática, senón simplemente algo tan doado como dicir a d...

Sesión 1 (16/01/18): Actividades de comprensión oral

Imaxe
A primeira sesión desta materia coa que xa comezamos a introducirnos na parte práctica, que estabamos a esperar durante todo o mestrado, e que en definitiva, é a que como futuros docentes de secundaria temos que pór en uso nas nosas clases. Unha das cousas á que lle dou máis relevancia e que se nomeou ós poucos minutos, foi a da presenza do enfoque comunicativo ( communicative approach ) na ensinanza das linguas estranxeiras. O emprego desta metodoloxía, que impulsa a comunicación real con outros falantes desa LE, a través do emprego de materiais auténticos que tentan ser fieis á realidade que se vive fóra das aulas, funciona moi ben, posto que o alumnado pode comprobar de primeira man como todo o que aprenden ten un claro propósito e utilidade. A continuación, pasarei a reflexionar sobre os aspectos que máis me chamaron a atención durante a clase, e os que dende o meu punto de vista, deberían estar presentes na ensinanza dunha lingua estranxeira. En relación cos exercici...

Tema 1 (Diario). Situacións e variables na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces.

Imaxe
A introdución, que se levou a cabo e que nos serviu como presentación da materia de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras , permitiu que se clarificasen termos que aínda que parecen semellantes non o son, conducíndonos por distintas situacións e metodoloxías que están constantemente presentes no ensino de linguas foráneas. En primeiro lugar, diferenciouse entre contexto de adquisición e contexto de uso , no que se distinguen por unha banda, lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira; e por outra, lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular.    Cando estamos a falar de contexto de adquisición , referímonos á variable de procesos mediante a cal se desenvolve a capacidade de empregar estruturas e formas lingüísticas. Este comprende a lingua inicial (lingua materna, lingua natal), que se trata da primeira lingua que aprende un cativo, e que se adquire inconscientemente, antes da etapa escolar e sen ningunha intención. Cabe resaltar que s...

Tema 1 (Dossier). Situacións e variables na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces.

Imaxe
No comezo desta nova materia de "Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras" no seu Tema 1, fíxose un repaso dos termos relacionados co contexto de adquisición (lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira) e co contexto de uso (lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular), así coma as variables que se presentan do centro de ensino, do alumnado e os obxectivos cara os que se dirixen. Todos estes aspectos fóronse tratando a través de distintas actividades e exercicios en parellas ou grupos, que permitiron reforzar e asentar os nosos coñecementos. En relación coa primeira actividade, empregouse o Diagrama de Venn e fíxose por parellas, aínda que despois tiñanos que poñer en común común os resultados con outros estudantes. Nunha ocasión para discernir que puntos eran semellantes (medio) na lingua materna e na lingua estranxeira, e cales eran propios de cada unha (extremos); e noutra, para extraer as diferenzas entre a aprendizaxe dunha lingua estranxe...