Tema 1 (Diario). Situacións e variables na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces.
A introdución, que se levou a cabo e que nos serviu como presentación da materia de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras, permitiu que se clarificasen termos que aínda que parecen semellantes non o son, conducíndonos por distintas situacións e metodoloxías que están constantemente presentes no ensino de linguas foráneas.
En primeiro lugar, diferenciouse entre contexto de adquisición e contexto de uso, no que se distinguen por unha banda, lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira; e por outra, lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular.
Cando estamos a falar de contexto de adquisición, referímonos á variable de procesos mediante a cal se desenvolve a capacidade de empregar estruturas e formas lingüísticas. Este comprende a lingua inicial (lingua materna, lingua natal), que se trata da primeira lingua que aprende un cativo, e que se adquire inconscientemente, antes da etapa escolar e sen ningunha intención. Cabe resaltar que se poden adquirir dúas linguas iniciais. A lingua segunda adquírese logo da lingua primeira e dase na escola ou rúa, funcionando como lingua vehicular ou de ensino. Neste senso, tamén se poden dar varias segundas linguas. E por último, a lingua estranxeira, a cal só se pode adquirir no contexto escolar, e que polo tanto, dase conscientemente e conta cunha clara intención.
En relación co contexto de uso, que fai referencia ás variables que influirán no emprego que se faga da lingua, atopamos o termo de lingua habitual, que é a usada por un falante na maioría de contextos comunicativos, polo que, esta lingua no ten que ser a inicial, tendo en conta casos como os dos inmigrantes. A lingua de traballo é a que se emprega nunha gran empresa ou nun país que ten varias linguas, entre outros exemplos como o de Inditex ou o de Suíza. E para rematar, a lingua vehicular (lingua franca), que se trata do medio escollido entre falantes de distintas linguas.
Deseguido, pasouse o exercicio que se fixo durante a clase, no que teriamos que trazar o repertorio lingüístico da mesma. Este vocablo indica o conxunto de elementos lingüísticos que coñece un falante ou unha comunidade de falantes e que se forma de fonemas, palabras, construcións, rexistros e variedades lingüísticas. Outros dous termos, que resulta necesario distinguir, son o de comunidade lingüística (comunidade de falantes que comparte un repertorio lingüistico de base común) e o de comunidade de lingua (comunidade de falantes que comparten o coñecemento e uso dunha lingua ou variedade lingüística).
A didáctica das linguas é unha disciplina que estuda os fenómenos de ensinanza-aprendizaxe e as complexas relación entre o profesorado, o alumnado e a propia lingua. Dentro desta atópanse a didáctica da lingua inicial, a didáctica da segunda lingua, a didáctica da lingua estranxeira, a metodoloxía AICLE, a aprendizaxe precoz de linguas estranxeiras ou as linguas estranxeiras para fins específicos. Cada unha delas está adicada a ensinanza partindo de distintas bases, pois non é o mesmo impartir a lingua inglesa como materna que como estranxeira, nin a idade e finalidade do alumnado, xa que as estratexias e dinámicas que se empregan varían.
Outro dos elementos que debemos ter en conta, son as variables que se presentan nas situacións de ensino, comezando polas características do alumnado. Neste senso, a idade preséntase como un factor fundamental que consta de varias etapas:

- Idade ideal, que vai dende que nace ata os 12 meses. Durante este momento, gozan dunha gran riqueza perceptiva que lles permite captar e recoñecer unha multitude de sons.
- Idade gloriosa, comprendida entre o ano de idade e os 6 anos. O emprego da imitación, permítelles avanzar moi rápido na aprendizaxe dunha lingua.
- Idade crítica, que abrangue dende os 7 ós 9 anos. Teñen o desenvolvemento cognitivo máis avanzado, e grazas a iso, poden memorizar secuencias máis longas e mellorar o seu sistema semántico.
- Limiar fatídico, que vai dende os 10 ata os 11 anos. Nesta etapa perde maleabilidade cerebral e plasticidade dos controis, ten unha articulación lenta e atopa dificultades para autocorrixirse.
- Idade adulta, que parte dos 12 anos de idade. Momento no que teñen vergoña ante calquera situación, algo que cando son cativos non controlan.
Outro concepto que me gustaría salientar é o de interlingua, termo asignado por L. Selinker. que trata dun "sistema lingüístico do estudante dunha segunda lingua ou lingua estranxeira en cada un dos estadios sucesivos de adquisición polos que pasa no seu proceso de aprendizaxe". En relación con outra dúbida a que nos enfrontamos constantemente como docentes é a de saber corrixir os erros que comete o alumnado. O que se pode sacar disto, é que a correción a través do feedback funciona moi ben e o discente ve o resultado, pola contra, se estigmatizamos ese erro, mermamos a confianza que cada un ten depositada, influíndo na autoestima das persoas.
Por último, preciso traer a debate a relación que existe entre profesorado e alumnado. Aínda que con respecto a hai corenta anos cambiou, pois pasamos dunha figura sobre a que xira a ensinanza e que diga o que diga, sempre vai estar en posesión da razón; a unha postura moito máis aberta, que interactúa cos estudantes, e que se ben é a autoridade no aula, amósase máis próximo. Estas dúas posturas son totalmente contrarios e hoxe en día, aínda queda algún caso de docente tradicional, todo vai cara un concepto no que a participación e o papel do alumnado no proceso de E/A considérase fundamental.
En conclusión, este primeiro tema que serviu para como introdución da materia de Didáctica, axudounos a que puidésemos distinguir os distintos tipos de linguas que se dan, dependendo se son dentro dun contexto de uso ou de adquisición. Isto, en grande parte, debeuse o exercicio no que tiñamos que facer uso da lingua de traballo ou vehicular, entre outras. Despois, as metodoloxías que se empregan na aprendizaxe de linguas, segundo se son lingua materna ou estranxeira, e tamén do propósito concreto polo que se queira adquirir, fan que debamos usar unha ou outra, pois hai que ter en conta este tipo de variables á hora de impartir a clase. Finalmente, outros aspectos que se interiorizaron como o da idade do alumnado, o dos tipos de lingua ou a relación profesorado-alumnado, contribuirán sen dúbida ningunha a que poidamos realizar axeitadamente o noso traballo.
BIBLIOGRAFÍA
- Elizondo Regalado, G. A. (2008). Lenguaje, cultura y formación. México: Fondo Editorial.
- Fernández, S. (1997). Interlengua y análisis de errores en el aprendizaje del español como lengua extranjera. Madrid: Edelsa.
- Lino Barrio, J. (2004). El proceso de enseñar lenguas. Madrid: La Muralla.

Comentarios
Publicar un comentario