Tema 1 (Dossier). Situacións e variables na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces.
No comezo desta nova materia de "Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras" no seu Tema 1, fíxose un repaso dos termos relacionados co contexto de adquisición (lingua inicial, lingua segunda e lingua estranxeira) e co contexto de uso (lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular), así coma as variables que se presentan do centro de ensino, do alumnado e os obxectivos cara os que se dirixen. Todos estes aspectos fóronse tratando a través de distintas actividades e exercicios en parellas ou grupos, que permitiron reforzar e asentar os nosos coñecementos.
En relación coa primeira actividade, empregouse o Diagrama de Venn e fíxose por parellas, aínda que despois tiñanos que poñer en común común os resultados con outros estudantes. Nunha ocasión para discernir que puntos eran semellantes (medio) na lingua materna e na lingua estranxeira, e cales eran propios de cada unha (extremos); e noutra, para extraer as diferenzas entre a aprendizaxe dunha lingua estranxeira en adultos e en estudantes de ata 11 anos. A realización desta dinámica resultoume de gran utilidade, posto que nos levou a xerar un pequeno debate no que achegaron posturas sobre o que cada un entende das linguas estranxeiras e maternas.
A continuación, e seguindo cos termos de lingua materna, lingua de traballo e lingua vehicular, preséntasenos unha "placement activity" por grupos, no que se formularán unha serie de preguntas para cada un e debemos respostalas nun folio. O papel empregado ten que estar dividido en tantas partes como integrantes sexan, deixando no medio un oco para as aportacións conxuntas, logo de intercambiar as distintas opinións. A pregunta que nos tocou responder foi a de cales son as linguas oficiais do Parlamento Europeo, tendo en conta que na Unión Europea se falan máis de 40 linguas. Chegamos á conclusión de que aínda que se empregan moitas linguas na Unión Europea, non todas son as que se admiten durante as sesións parlamentarias. O resto de cuestións eran sobre as linguas empregadas na Comisión Europea, nas tendas e central de Inditex en Arteixo ou nas oficinas de Citröen.
Seguindo con esta mesma dinámica, cambiouse a pregunta para discernir, neste caso, que linguas se empregaban en determinadas situacións, como por exemplo, cando un cliente fala en galego ou inglés en que lingua debería o empregado respostar e de que tipo de lingua (vehicular, de traballo) se trata, entre outras cuestións. Mediante a realización deste tipo de actividades, puidemos manter un intercambio de opinións moi beneficioso para a nosa aprendizaxe, pois argumentar o que pensamos dun xeito sólido pode mudar o que nun principio pensaban os nosos compañeiros, mais tamén a nós mesmos.
Agora, mudamos a actividade e o xeito de levala a cabo, xa que voltamos a estrutura piramidal, empezando por parellas e chegando a todo o grupo-aula. O tema foi tentar resolver cal era o repertorio lingüístico que se tiña, e para isto, fixemos uso dun documento compartido a través da plataforma Google Drive. O que se sacou en claro desta dinámica, foi a cantidade de linguas que manexamos e tamén as variedades de cada unha delas. Supuxo unha grande vantaxe para o grupo, pois grazas a ela coñecímonos aínda máis, así que foi moi enriquecedor.
De seguido, e para tratar os distintos contextos da aprendizaxe das linguas, tiñamos unha lista con varias situacións e debiamos asignarlles as metodoloxías que se poden e se deben usar. Realizamos en pequenos grupos e fíxose de novo, mediante Google Drive, unha ferramenta que permite ver ó mesmo tempo o que están a escribir o resto de estudantes, xerando desta maneira un debate entre nós.
Para rematar, puidemos visionar un vídeo moi ilustrativo, no que un mestre de inglés como lingua estranxeira empregaba a metodoloxía de resposta física total para ensinar ó seu alumnado vocabulario a través dun conto. Cabe destacar que o público ó que se dirixía era infantil e o feedback que recibía deles era moi bo. Como alumna nunca tiven a experiencia de que utilizaran esa metodoloxía, algo que resultaría relevante para comprobar de primeira man se funcionou connosco, contando coa variable da idade que tiveramos. Continuando neste senso, mantivemos un pequeno debate sobre o emprego da L1 na clase de lingua estranxeira, chegando o acordo que nalgunhas ocasións é necesario que fagamos uso dela.
A conclusión que saco destas dúas clases, que serven como introdución á materia de Didáctica, é que o traballo previo en grupo sobre termos que pensamos que dominamos, serviu en grande medida para avanzar e clarificar certos aspectos que resultan moi relevantes cando nos enfrontamos a unha clase de lingua estranxeira. Por outra banda, ese debate que sempre sobresae no mundo docente en relación co emprego la L1 e L2 durante as clases, podemos dicir que xorden múltiples posturas en defensa dunha e da outra, mais o que queda claro é que un paso intermedio resulta a mellor opción. Isto quere dicir, que se use maioritariamente a lingua estranxeira pero que en certas ocasións podemos introducir a nosa lingua materna como en explicacións ou resolución de dúbidas.

Comentarios
Publicar un comentario