Sistemas educativos de éxito: Canadá VS Estonia.
Presentación sobre os aspectos a destacar nos sistemas educativos de Canadá e Estonia.
A escolla deste dous países debeuse, principalmente, a que Canadá continúa a ser un referente en canto a sistemas educativos mundiais, cunha educación, que aínda que segundo a provincia na que nos atopemos pode variar algo e non tendo un Ministerio de Educación do país, proporciona altas taxas de éxito. En relación co país estonio, pódese dicir que conseguiu grandes resultados nos informes europeos como o de PISA, superando incluso a Finlandia. Este cambio acadouse grazas o vixente currículo que teñen e que dotou ós centros de máis autonomía. Para seguir coñecendo os sistema educativos de Canadá e Estonia, deixo unha presentación na que se realiza unha comparación entre ambos sistemas educativos.

Ola Sabela. Moitas grazas por esta presentación. Cando vexo sistemas educativos de éxito, sempre quedo a pensar en que cousas poderíamos importar e traer para Galiza para que tamén nós puidésemos mellorar. Haberá cousas complexas ou que non se poderían "traer" polas diferencias contextuais, ligadas ao noso propio entorno. Cales cres ti que si se poderían importar? Grazas!
ResponderEliminarOla! Grazas polo teu comentario. Considero que algunhas das cousas que se poderían traer son que o alumnado se convirta no centro da ensinanza e que se potencie a súa creatividade durante todas as etapas educativos, creo que estes serían dous puntos polos que comezar, e que mellorarían considerablemente os resultados.
Eliminar