O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Enfoque orientado á acción.
Na primeira sesión fixemos unha achega que se refire ó Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), que é un estándar de referencia internacional que se emprega para describir a competencia lingüística dun individuo, e que foi deseñado polo Consello de Europa co obxectivo de que as empresas e institucións educativas tiveran un documento no que apoiarse na avaliación dos idiomas. Organízase en niveis que van desde o A1 (principiante) ó C2 (experto) segundo o dominio que se teña do devandito idioma e cada un deses chanzos ten uns obxectivos que se deben cumprir para obter a certificación que corresponda. Xa entrando en todo o que abarca o MCERL parámonos en varios puntos que é importante salientar como o contexto educativo e político, no que se inclúen a cooperación educativa, industrial, cultural ou de mercado, a mellora da mobilidade internacional e a satisfacción das necesidades desta Europa multicultural e multilingüe. Por outra banda, destacan os ca...